A cuarta edición de SiSONS Enclave Musical celebrouse en Santiago de Compostela entre os días 16 e 19 de outubro de 2024, consolidándose como un encontro de referencia no ámbito da música e da cultura en Galicia.
O evento mantivo o seu formato de encontro profesional aberto ao público, combinando concertos, showcases, charlas, ponencias e actividades de networking, dirixidas tanto a profesionais da industria musical como ao público xeral.
Ao longo dos catro días desenvolvéronse diferentes actividades centradas na dinamización da vida cultural galega, abordando temas como a internacionalización da música, os dereitos de autor, a distribucióndixital e o papel das asociacións culturais e institucións no desenvolvemento do sector musical.
Organizado por Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro, co apoio de diversas institucións públicas, SiSONS 2024 reforzou o seu obxectivo principal de impulsar a música e as artes escénicas, promovendo a creación de sinerxías entre artistas, programadores e profesionais, así como a difusión de proxectos musicais galegos dentro e fóra da comunidade.
Máis información na web sisons.gal
Descargar memoria