M.I.P 2023
Neste 2023 o proxecto xirou entorno aos Mantras das Emocións e os Mantras dos 4 acordos.
Creación, promoción e difusión de proxectos culturais
MIP - MÚSICAS INCLUSIVAS E PARTICIPATIVAS- nace da unión da asociación cultural "Tres Por Cuatro" co músico, compositor e Técnico sociosanitario Robert Pier. Dita iniciativa xurdiu fai catro anos coma unha evolución lóxica do traballo de musicoterapia que Robert Pier soubo adaptar a súa labor profesional na área sanitaria. A utilización da música para integrar o mundo da cultura a colectivos con diversidade funcional é o obxetivo do proxecto que teñen posto en marcha nestes momentos (MIP NO CAMIÑO). Entérate de todo nesta sección!
Neste 2023 o proxecto xirou entorno aos Mantras das Emocións e os Mantras dos 4 acordos.
Neste espazo continuaremos poñendo en valor a mulleres galegas que dedicaron ou dedican a súa vida á música, o que nos leva a reivindicar a estas artistas da nosa terra, algunas delas sumidas no absoluto descoñecemento e esquecemento. Esta iniciativa xurde da asociación cultural "Tres por Cuatro" e o grupo vocal “EntrElas” para significar a contribución das mulleres ás artes e á música galega.
María Muñoz de Quevedo (2ª edición) No acto de presentación na Coruña, participaron activamente, o Grupo Vocal EntrElas coa súa
Sea Sons Festival, é un evento adicado á creación, promoción e difusión da música nás súas distintas vertentes, un festival ecléctico pensado para todo tipo de públicos. Xurde en 2016 con dous propósitos: difundir a cultura musical galega e promover a diversidade no panorama cultural.
Sea Sons Festival nace da inquietude do músico José Saavedra, representante de artistas, quen desde moi novo sentiu gran paixón pola música e todo o que lle rodea. Creou no ano 2010 a Asociación Cultural Tres Por Cuatro, co fin de dar visibilidade a proxectos musicais, ofrecer actividades culturais variadas e realzar a música na cidade da Coruña.
O obxetivo da nosa asociación cultural é a creación e difusión cultural a través da música. Rosario Orfebre Musical trátase dun taller de técnica vocal e canto coral adicado á formación artística, sobre todo na área de canto e dirección coral, coa intención de mellorar a calidade de cantores e directores, dignificando e mostrando ao público a excelencia da música coral ben interpretada.
A asociación cultural Tres por Catro, en colaboración con Musicarte, puxo en marcha a edición do taller de técnica vocal e canto coral Rosario Orfebre Vocal.
A asociación cultural Tres por Cuatro é unha institución sen ánimo de lucro dedicada á creación, promoción e difusión cultural, compartindo os valores artísticos e sociais da creación musical e interactuando con outras artes nun espazo de colaboración común.
A asociación cultural Tres por Cuatro realiza varias actividades anuais, entre as que destacan o Season Festival, que naceu para visibilizar os proxectos de artistas emerxentes e donde ademais de concertos hai xornadas para diferentes integrantes do proceso artístico, e o M.I.P (Músicas Inclusivas e Participativas), un proxecto que achega a música a todas aquelas persoas que normalmente son meros oíntes.
https://tresporcuatro.gal/
Facebook: Asociación Cultural Tres Por Cuatro.
Instagram: @tresporcuatro.12
tresporcuatro.12@gmail.com
629 35 79 84/881 928 691
Rúa San Ignacio 7, 5ºB
15001 (A Coruña)