Mulleres na música galega

Mulleres na Música Galega 2025

A “Asociación Cultural Tres por Cuatro” celebrou a X edición do ciclo “Mulleres na Música Galega”, consolidando este proxecto como un espazo de recoñecemento e posta en valor do talento feminino nanosacultura musical.

Os concertos tiveron lugar os días 20 e 21 de novembro de 2025 en dous escenarios emblemáticos da cidade da Coruña: o Museo de Belas Artes e o Circo de Artesáns.

Museo de Belas Artes (20 de novembro de 2025)
Nesta primeira xornada rendeuse homenaxe a destacadas figuras da música galega: Milagros Porta Siso, Sofía Oriana Infante e María del Pilar Couceiro, contribuíndo a recuperar e difundir o seu legado.

O acto foi presentado por Severino Álvarez Monteserín, delegado territorial de Cultura da Xunta de Galicia, e por José Francisco Saavedra López Sancho, presidente da Asociación Cultural Tres por Cuatro.

O evento contou coa participación do grupo vocal Entrelas e da pianista Sara Petrizzo, xunto con diferentes solistas que achegaron a música en directo e puxeron en valor o repertorio interpretado, creando un espazo de encontro entre historia, interpretación e emoción. O público respondeu con ovacións e entusiasmo, destacando o valor artístico e simbólico das creadoras homenaxeadas.

Circo de Artesáns (21 de novembro de 2025)
Na segunda xornada, celebrada no Circo de Artesáns, foron homenaxeadas María Muñoz de Quevedo, Margarita Viso e María Luisa Nache, continuando co labor de recuperación da memoria musical feminina.

As homenaxes foron presentadas por Eliette C. Frene, José Luis Méndez Romeu e a propia Margarita Viso, nun acto especialmente emotivo que puxo en valor a traxectoria e achega destas creadoras á música galega. Durante a velada destacaron tamén as interpretacións musicais das artistas participantes, entre elas a soprano Ana Belén Manteiga, integrante do grupo vocal Entrelas, que interpretou con grande emoción obras de María Luisa Nache, contribuíndo a crear unha atmosfera de fonda sensibilidade artística e reforzando o vínculo entre a memoria musical galega e a interpretación contemporánea.

A X edición reafirma o compromiso do ciclo coa visibilización das mulleres na música galega, promovendo o coñecemento das súas traxectorias e a súa importancia dentro do patrimonio cultural. A iniciativa continúa así a súa labor de recuperación da memoria musical feminina e xa mira cara á súa próxima edición, co obxectivo de seguir unindo as músicas galegas do pasado e do presente.

Memoria 2025

Mulleres na Música Galega 2025

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.