Mip no camiño. Presentación 2020
MIP NO CAMIÑO
O pasado mércores 27 de novembro ás 10:00h celebrouse unha rolda de prensa no Centro de Recursos de Amarai en Boimorto do proxecto “MIP NO CAMIÑO” , iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta De Galicia, e da Axencia de Turismo de Galicia.
Contouse coa presenza de diversas autoridades,
O musicoterapeuta, Robert Pier e o colectivo de artistas Diversos Funcionales. Os concellos participantes nesta actividade son:
Arzúa, Boimorto, Melide, Vilasantar, Sobrado dos Monxes e Toques.
Dita iniciativa nace da unión da Asociación Cultural Tres por Catro co músico, compositor e Técnico Sociosanitario coruñés Robert Pier que empeza a súa andaina musical, xa a moi temperá idade, compoñendo os seus primeiros temas en bandas de diferentes estilos como o Pop, rock, reggae, funk ou música de autor. En 2016 presentaron “O poder curativo dos Mantras” terapia musical enfocada na diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos Mantras que o artista e terapeuta creou.
Os distintos alumnos que realizan os talleres con Robert Pier, practican os mantras ambientais, concepto orixinario do hinduísmo que se fundamenta na interpretación de cancións curtas e circulares, que segundo algunhas crenzas teñen un poder psicolóxico ou espiritual. Os Mantras poden ter ou non significado literal ou sintáctico.