No devandito proxecto colaboraron sete entidades sociais e catro grupos corais da Coruña, os cales unificaron as súas capacidades para dar concertos e publicar xunto coa banda municipal “o disco máis inclusivo da historia” do que se tocarán temas neste recital.
Este concerto con entrada gratuíta forma parte do Festi=, Festival de Artes pola Inclusión Cultural que celebra a súa terceira edición na Coruña cun programa de actos durante todo o mes de novembro co que se busca achegar a cultura sen barreiras a toda a cidadanía.